Manifesto de TV3, Catalunya Ràdio e a ACN ante a ameaza de intervención dos medios públicos cataláns

TV3, Catalunya Ràdio e a Agència Catalana de Notícies (ACN) fan público o seu posicionamento común diante do anuncio de intervención dos medios de comunicación públicos catalans pola parte do goberno de España a través da aplicación do artigo 155 da Constitución Española

Actualitzat

Os medios de comunicación públicos TV3 e Catalunya Radio naceron en mil novecentos oitenta e tres (1983) por mandato de todas as forzas políticas presentes no Parlament de Catalunya, a institución onde se expresa a vontade da cidadanía á que servimos desde entón.

Desde Catalunya e mais en catalán, polo tanto, desde hai trinta e catro anos (34) explicamos o que ocorre aquí e no resto do mundo procurando a máxima pluralidade e veracidade, feito que nos converteu en referentes no ámbito informativo e no de entretemento de calidade, e en líderes de audiencia e credibilidade.

A ameaza de intervención dos medios públicos cataláns, incluída a ACN (Axencia Catalá de Noticies), por parte do goberno español supón un ataque directo á cidadanía e vulnera o seu dereito a recibir unha información veraz, obxectiva, plural e equilibrada, un dos dereitos fundamentais de calquera democracia.

Soamente o feito de que un goberno pretenda interferir e controlar o funcionamento destes medios é unha proba da súa vontade de involución. O control gobernamental secuestra a liberdade de prensa.

Esa inxerencia é inaceptábel na Europa democrática e dinamita principios fundamentais da Unión Europea.

 

Versions en altres idiomes:

VÍDEOS RELACIONATS
Anar al contingut